Do you like Nikon at Jones Beach Theater?


Xabier Díaz
25 febrero · 18:30
Entrada Anticipada: 16€ + gastos de xestión

Entrada menores de 12 anos: 10€ + gastos de xestión.
Apertura de portas ás 18,30h e inicio do concerto ás 19,30h.

Venta de entradas: ticketea.com
"Acceso menores de 18 años coa autorización de tutor/a legal asinada na sala"


Nurtha, Nord, Norte... Noró
O norte é case un estado emocional para min. Gústame o seu frío, a auga, a humidade e a música. No norte hai música en tódalas cousas. É unha música sólida, ancestral e serena.
“Este disco é como un retrato do meu timeline recente, como unha necesidade de rematar a talla e de mellorar o método, como unha insistencia do Tambourine, como se quixera tatuar con tinta indelébel o mapa das últimas viaxes para saír definitivamente da miña confusión antes de desorientarme de novo. Este disco tamén serve para celebrar o equilibrio desta pequena e ordenada república adufeira na que tantas cousas aprendo sen necesidade de que ninguén as explicite”.
Neste norte, as montañas están preñadas de músicas antigas e ás veces o nordés arráncaas dos valos para levalas lonxe, á cidade, por exemplo. Alí foi onde as escoitei por primeira vez, hai xa moito tempo, e tal foi a curiosidade que prendeu en min que tiven que ir na súa busca como un explorador, sen apoio de raíña nin aprobación divina. Cando me atravesou a primeira melodía, tiven a certeza de que precisaría facer a miña peregrinación á perpetuidade. Quedaron amores, un aparellador e un feixe de cousas polo camiño mais nunca me importou porque sempre sentín fortuna por ter tal banda sonora por compañeira para a miña existencia.
“O meu norte empeza cando paso os páramos e diviso Sanabria. O meu norte ule a galletas de limón da vella panadería de Cerdido e ten forma de furna, labrada polo mar do xeito máis caprichoso co pulso dunha ribeirana eterna. O meu norte ten a elegancia da bailadora áxil que debuxa puntos imposíbeis no medio do asfalto”.