Do you like Nikon at Jones Beach Theater?


Banda Crebinsky + Eladio y los Seres Queridos


22 de septiembre · 21:00h

8€ anticipada / 10€ taquilla
Venta de entradas: www.salacapitol.com y A Reixa Tenda



BANDA CREBINSKY

Nenas e Nenos! Donas e Cabaleiros!
Chega o 3º disco de Banda Crebinsky, un sonoro espectáculo chegado directamente do universo Crebinsky : ZIRKUS AFFE.
Pasen e escoiten.
Déixense levar pola música sen pasaportes  das súas dez pistas: o gato que canta, o trapecista con vertixe, o paiaso que fai chorar, os líderes de egos insultantes, tertulianos monologuistas e demáis artistas da farándula nacional e internacional  .... ZIRKUS AFFE.
Neste 3º disco propoñen unha  nova viaxe cun son máis mediterráneo, cunha nova volta de tuerca ao son da Banda.
Banda Crebinsky non renuncia a súa formación de 8 músicos en directo, ofertando un concerto contundente no que invitan ao público a involucrarse nesta viaxe.
100% autoproducido e autoxestionado.
Para ZIRKUS AFFE  contaron coa participación de vellos coñecidos da Banda, coma Carlos Castro, Nuria de León ou Jerry Noia. Gravado e misturado por Ramón Campos.
Máis difícil aínda! ZIRKUS AFFE!


ELADIO Y LOS SERES QUERIDOS


Tras dous anos de publicación da súa última obra: Orden Invisible (Esmerarte 2014), Eladio y los Seres Queridos presentan Cantares (Autoeditado 2016), un disco que rende homenaxe ás cancións tradicionais de Galicia que escoitaban os seus pais e eles mesmos de pequenos. Unha obra que en Galicia triunfou esgotando unha 1 ª edición de 1000 unidades en tan só 2 meses e que só venden no seu sitio web e nos seus concertos. O éxito do álbum atravesou as fronteiras de Galicia soando varias veces en Radio3. Cantares gañou en marzo de 2017 o PREMIO AO MELLOR ÁLBUM EN GALEGO nos Premios MIN da música Independente.