Do you like Nikon at Jones Beach Theater?


Radio Cos

13 de maio · 21:00h

14€ (+gastos) anticipada

Venda de entradas: Casa das Crechas / Restaurante O Dezaséis / Ticketea.com


RADIO COS famosos pandeireteiros que fan evolucionar a música galega de raíz de forma natural. Xurxo Fernandes y Henrique Peón, cantantes e percusionistas do grupo, son dous referentes no eido da investigación etnográfica en Galiza.

As melodías empregadas neste proxecto pertencen a arquivos de gravacións de campo propios, un traballo que levan facendo por toda Galiza desde fai máis de tres décadas. Radio Cos estiveron casi nove anos percorrendo escearios por Bélxica, Inglaterra, Escocia, Bretaña e Galiza, transmitindo o seu xeito de entender a nosa música tradicional.

Este primeiro disco seu, homónimo, conten unha enorme variedade de música de raíz que conxuga a sonoridade máis arcaica con diversos elementos da propia tradición, pero tamén con melodías axenas que gardan relación ca Galiza.

A banda de Radio Cos conformana tres prestixiosos músicos: Pedro Lamas ( gaita e saxo soprono), Nikolay Velikov (violín) e Xan Panpín (acordeón).

Este traballo, concebido con forza e ledicia, quere reivindicar a invisibilidade que sofren as chamadas “culturas minorizadas”, a pesares de estar ahí permanentemente e de ser verdades habituais manifestamente palpábeis.