Do you like Nikon at Jones Beach Theater?


Ruxe-Ruxe + Keltoi! + Xenderal

22 de abril · 20:00h

Concerto XX Aniversario de Estrela Vermelha

8€ anticipada / 10€ taquilla

Venda de entradas: A Xuntanza, Gentalha do Pichel e Café-bar Gaia


Concerto XX Aniversario de Estrela Vermelha, Club de fútbol gaélico da Comarca de Compostela. 

A Festa contará coas actuacións de Keltoi!, Ruxe - Ruxe e Carlos Gende Prego "Xenderal". 20 anos de paixón, deporte e compromiso do ESTRELA VERMELHA


Ruxe Ruxe é un grupo de música galego formado en Aríns (Santiago de Compostela) en 1996. A súa música é rock combinada con sons tradicionais galegos, empregando ás veces instrumentos como a gaita e o saxofón, e sempre con actitude punk. As súas letras son en galego e de temática moi variada nas que predominan os textos costumistas, os de carácter social e o realismo máxico.

Até o momento sacaron á venda once discos e teñen feito concertos por toda España, Portugal e Italia. As súas cancións téñense utilizado nalgúns programas de televisión e mesmo filmes.


Keltoi! (Celtas en grego) formárono en Vigo a finais de1995 catro mozos galegos seguidores do “Street-rock and roll”, tamén chamado “oi!”. Da unión distes dous conceptos (musica da rúa e cultura galega) xurdiu o nome dun grupo pioneiro en tocar en Galiza e no noso idioma un estilo de punk que abandeiraran uns anos antes bandas inglesas coma “Cockney Rejects”, “Sham 69”, “Red Alert”, “The business” ou os irlandeses “Stiff Little Fingers”.