Do you like Nikon at Jones Beach Theater?


Cimafunk
03 novembro | 19:30h (puertas)
15€ Early ticket | 18€ Anticipada | 21 € Taquilla
Venda de entradas: www.eventbrite.es


Cimafunk, a revelación afro-funk de Cuba chega a Europa

“La revelación cubana ” Billboard
“La magia de Cimafunk está en su apogeo cuando canta en vivo” The New Yorker
 “El nacimiento de una estrella” Granma
“Imposible quedarse quieto” El Tiempo
“Comienza el concierto y el público entra en una especie de trance, nadie puede parar de bailar.” Garbos

Cimafunk é a revelación do ano en Cuba e un dos dez artistas latinos a seguir segundo Billboard. A sua música caracterizase pola fusión do funk coa música cubana e cos ritmos africanos. Agora, é imposible andar por La Habana sen escoitar o seu tema « Me Voy »; o seu retrouso pasou xa a ser parte da linguaxe popular na Illa. Fai pouco máis dun ano, Cimafunk autoproducía o seu primeiro disco, Terapia (2017), nun estudo de grabación caseiro. Hoxe, enche as salas de concerto, prazas, espazos públicos e ten conquistado os premios da música máis importantes en Cuba.
Cantante, compositor e productor, Cimafunk ofrece unha mistura sutil e audaz de funk con música afrocubana, un OVNI no panorama musical da illa. O seu nome fai referencia á sua herdanza de “cimarrón”, os escravos fuxitivos que se refuxiaban no monte para vivir libres. Artísticamente, Cimafunk reivindica as suas oríxes africanas e pretende misturar na sua propuesta distintas estéticas musicais negras como o funk, o blues, a rumba, o son e o cha cha chá. Orgullosa do seu pasado, a sua música diríxise ao futuro, arrasa coas clasificacions e apoderase dos corpos durante concertos eléctricos.
Cimafunk experimenta, atrevese, mestiza. O fio condutor é o Groove que se apodera dos corpos e os leva a bailar, irresistiblemente.
Cimafunk preséntase ao vivo co seu vestiario vintage; o show é un elemento imprescindible á maneira dos iconos do funk setentero ou das big bands cubanas dos anos cincuenta como Benny Moré. Con oito músicos, cultiva unha alquimia sabrosa feita dun Groove eficaz e de improvisacions musicais, vocais e de baile. Este espectáculo estelar e altamente bailable non deixa a ninguén indiferente. 
Cimafunk non cree en nada senon no poder do Groove e na comunión catártica dos cuerpos bailando un ritmo pegañento.
“Cimafunk ha tomado la calle por asalto y la gente para verlo se sube por las paredes” Vistar Magazine
“Una de las luces del futuro del continente” Fito Paez