Do you like Nikon at Jones Beach Theater?


Heredeiros da Crus
30 noviembre | 21:00h (portas)
ENTRADAS ESGOTADAS


Despois de casi 6 anos de silencio discográfico, volven Heredeiros da Crus máis fortes ca nunca e coa súa aposta máis persoal. Baixo a atenta mirada de Iago Lorenzo na produción, os do Barbanza chegan con un puñado de temas, nos que sin renunciar ó seu espíritu propio, definen e perfilan un son máis contundente e atemporal. As reminiscencias dos 70 de 'Derretidos' prometen novos himnos para os siareiros máis acérrimos, pero tamén supoñen unha firma aposta polo achegamento ao rock máis internacional.