Do you like Nikon at Jones Beach Theater?


Fiandola + artistas convidados
18 mayo · 21:00h - Apertura de puertas
Anticipada 8€ / anticipada + CD 18€ / Billeteira 10€ / Billeteira + CD 20€
Os menores de 12 anos (sempre debidamente autorizados e acompañados) entran de balde
Venta de entradas: www.salacapitol.com


O grupo de música galega Fiandola nace na cidade Compostelá no ano 1996. Xa van alá máis de vinte e tres anos traballando pola cultura galega no eido da música tradicional. O labor musical desenvolvido por esta banda de corte tradicional parte da música de tradición oral grazas ó traballo de campo que os seus membros levan facendo anos polas aldeas de todo Galicia. Fiandola aporta unha nova visión harmónica e tímbrica e crea un repertorio moi particular con selo propio cunha clara orientación de cara ó mundo do baile. Os directos de Fiandola están especialmente pensados para o baile, onde poderemos gozar dun amplo abano rítmico; desde a muiñeira á mazurca ou desde o maneo á rumba...En 1996 gañan o premio da Consellería de Familia, Muller e Xuventude e en 2013 o premio ao mellor grupo ou solista de Moaña. En todos estes anos percorreron a maior parte dos grandes festivais de Galicia, pero tamén moitas pequenas salas, festivais, e festas; ás que hai que engadir actuacións en Cantabria e en Navarra.