Do you like Nikon at Jones Beach Theater?


Muyayo Rif + Poetarras
21 marzo · 21:00h (Puertas) | Información sobre acceso de menores aquí
12€ (+ gastos) anticipada
Venda de entradas:  www.sonriasbaixas.info


EVENTO CANCELADO

máis info en: www.sonriasbaixas.info


O SonRías Baixas espállase en marzo por toda Galicia, recalando en Compostela o sábado 21 da man de Poetarras e Muyayo Rif

Xa están á venda na web as entradas para a festa de Compostela, que terá lugar na Sala Capitol o sábado 21 de marzo con Muyayo Rif e Poetarras, a un prezo de 12€ máis gastos

Venres, 10 de xaneiro de 2020.- O Festival SonRías Baixas -que celebrará a súa 18ª edición os 30, 31 de xullo e 1 de agosto en Bueu- espállase esta primavera por toda a xeografía galega, celebrando festas de presentación ao longo do mes de marzo en A Coruña, Santiago de Compostela, Vigo, Ourense, Lugo, Bueu e Mos, ademais de en Ponferrada e en Porto. A organización do evento, capitaneada pola produtora Play Plan, quere converter estes "petiscos de música e filosofía SonRías" nun punto de encontro entre artistas e público, "unha excusa perfecta para non pasar un ano sen vernos" ao tempo que achegan a súa proposta musical e festiva a novos públicos dentro e fóra das nosas fronteiras. As entradas para a festa de Compostela, que terá lugar na Sala Capitol o sábado 21 de marzo con Muyayo Rif e Poetarras, xa están á venda na web sonriasbaixas.info a un prezo de 12€ máis gastos. Na billeteira custarán 15€.

Poetarras é un colectivo arterrorístico que naceu en 2013 logo dunha noite de esmorga a base de licor café e Galicolas. Catro mozos decidiron converterse no referente da loita armada do pobo galego, aínda que tiveran que renunciar ao traballo e á parella que non tiñan. As súas armas son os sketches e as cancións, o humor e a música, a retranca e as melodías e o seu obxectivo, ofender a alguén nalgún lugar por algún motivo… ou non. Catro anos despois, no 2017, anunciaron un parón provisional na súa actividade musical e audiovisual. Pero non poden negarse a facer un parón no seu parón para vir tocar ao SonRías Baixas en Compostela, porque unha festa do SonRías na Sala Capitol é dobremente a súa casa.

A banda catalá Muyayo Rif ofrece un explosivo cóctel de ritmos latinos, ska, reggae e punk e unha singular e elaborada posta en escena a base de ventos, teclado, batería e guitarra. Á enerxía e o groove marca da casa, engádenlle agora novos sons, como o electroswing ou o balkan. E logran, así, renovar un potente directo, onde predomina a enerxía, a festa e a crítica social desde un espírito optimista e festivo. Unha fórmula coa que conseguiron cativar ao público das 500 cidades polas que pasaron nos seus máis de 10 anos de carreira. Muyayo Rif é considerada unha das bandas máis internacionais da escena catalá. Con máis de 500 concertos ás súas costas e despois de facer bailar ao público en salas e grandes festivais de España, Francia, Holanda, Rusia, Bélxica e Suíza volven agora cunha nova xira internacional para amosar o seu explosivo directo. Sen perder o sentido do humor, con moitas ganas de facer bailar, pero sen perder ese carácter social e reivindicativo, Muyayo Rif gozan e fan gozar ao público.

O Festival SonRías Baixas celebrará a súa 18ª edición os 30, 31 de xullo e 1 de agosto de 2020 en Bueu, cun cartel ao que aínda lle faltan moitos nomes pero no que xa destacan o mellor rapeiro en lingua hispana do mundo, Kase.O, o punk-rock dos Desakato, os ritmos do mundo de García Mc & Nación Quilombo e a paixón pola tradición balcánica de Balkan Paradise Orchestra. As entradas están á venda na web sonriasbaixas.info cun prezo especial e limitado de 41€ máis gastos os tres días de concertos, acampada incluída.