Do you like Nikon at Jones Beach Theater?


MJ Pérez
29 marzo · 19:00h (portas)
6€ (+gastos) anticipada | 8€ billeteira
Venta de entradas: www.eventbrite.es | A Reixa Tenda


MJ Pérez presenta “A Luz Prendida”, o seu cuarto álbum, segundo de estudio. A cantautora arzuá dá un paso máis neste novo traballo cunha evolución e un cambio de rumbo na súa música, máis sen perder a súa esencia.

Neste novo disco, MJ camiña máis por ritmos latinos, tintes da música de raíz e de músicas do mundo, abandonando así en gran parte o pop-rock máis habitual nela ata o momento. Mais se algo engloba todo este traballo é a canción de autor, a esencia de MJ e do xeito de escribir e narrar. A artista continúa a contar historias dende un pundo de vista moi persoal, empregando máis humor e ironía neste novo disco, pero tamén dando espazo á loita e á reivindicación.

“A Luz Prendida” é un disco formado por 15 temas nos que a “luz”, en todas as súas formas, actúa como concepto transversal. Temas independientes entre si pero con conceptos cruzados que van tecendo un fío ao longo do disco que une todas as cancións no seu total. Un álbum no que hai lugar para unha gran mistura de sentimentos, situacións, estados de ánimo, etc. Unha viaxe, ao fin, que pretende ser unha luz para toda aquela persoa que se queira achegar.