Do you like Nikon at Jones Beach Theater?


KIM LENZ + THE RHUM RUNNERS
19 outubro | 20:30h (puertas)


CONCIERTOS SALA CAPITOL
20 € (+gastos) en venta anticipada
24 € en la taquilla de la sala
ABONOS SALA CAPITOL
40 € (+gastos) hasta el 31 de septiembre
48 € (+gastos) a partir del 1 de octubre
incluyen acceso a los 3 conciertos de la Sala Capitol

Entradas en:
Tenda A Reixa (Santiago)
Honky Tonk y Discos Elepé (Vigo)
RockBox (A Coruña)
www.salacapitol.com
www.ataquilla.com

Outono Códax Festival ofrecerá o primeiro dos seus grandes concertos na Sala Capitol e será nin máis nin menos que Kim Lenz, a raíña do rockabilly, a protagonista indiscutible da primeira gran noite do ciclo. “Se Elvis tivera sido muller, probablemente tería soado como Kim Lenz”; así definiu no seu día a edición estadounidense de Rolling Stone o innmeso talento da californiana, ignorando se cadra o próxima que a compositora, cantante e guitarrista estivo sempre das pioneiras do rockabilly. Porque cómpre lembrar que Lenz compartiu escenario con Wanda Jackson e Janis Martin, recuperou xoias escuras da SUN como o “Ten Cats Down” de The Miller Sisters, e ten composto e producido case toda a totalidade do seu repertorio demostrando o seu basto coñecemento da música de raíz americana.
Enganchada a compoñer cancións dende que debutara con 20 anos co seu grupo Rocket Rocket, Kim Lenz non tardou en publicar o seu primeiro Ep coa axuda de Deke Dickerson. Un artefacto que chamou a atención de HighTone Records, cuxo presidente non tivo nin unha soa dúbida á hora de fichala. Dende entón, e compartindo escuadra con Dale Watson xa como Kim Lenz & The Jaguars, non deixou de xirar por todo o mundo consolidando o seu reinado e converténdose nunha das estrelas indiscutibles da escena norteamericana.
Coa súa actuación no Outono Códax, que pechará a súa xira española, a californiana visitará por primeira vez Galicia para presentar as cancións do seu quinto álbum, o recentemente publicado “Slowly Speeding”, un disco no que mestura xéneros como o blues e o country, sen esquecer nunca o rockabilly polo que en 2015 The Ameripolitan Music Awards lle otorgou o galardón á mellor artista feminina do xénero.
Este mesmo sábado tamén subirán ao escenario da Capitol The Rhum Runners, seis músicos portentosos que mesturan rock ́n roll cos grooves asiáticos e caribeños, facendo de cada un dos seus directos unha festa prodixiosa de alta voltaxe. A banda franco-belga dedicada á música exótica dos anos 50 e 60, naceu en 2012 e con varios traballos ás súas costas no prestixioso selo Doghouse&Bone, percorre dende entón os escenarios dos festivais internacionais máis destacados, como estes autodenominados mariñeiros din, “destilando o seu propio ron, soprando ata poñer a pista ben quente e partindo cara á festa”.